Email · (+34) 981 68 70 07

O bus de Cultiva Mazás | Destino: Galo Celta

Destino: Galo Celta
Día 19 de maio

Este é o bus de Cultiva Mazás
 , co que queremos levarvos a coñecer os proxectos máis orixinais, exitosos e con futuro que están asentados no noso rural galego.

Se ti tamén buscas futuro no rural, este bus é xusto o que necesitas para inspirarte!! Só necesitas coller todas as túas ganas de coñecer o rural vivo e emprendedor de Galicia e reservar a túa praza no Bus de Cultiva Mazás. Por certo, é de balde, asique non tes excusa.

En qué consiste:

O bus de Cultiva Mazás é un bus que viaxa aos proxectos máis orixinais, exitosos e con futuro que  están asentados no rural galego. Consiste en facer unha visita moOoi motivadora a algunha das empresas galegas que están afincadas no rural, que na maioría dos casos empezaron cun proxecto humilde pero non por eso menos ilusionante e que agora mesmo son empresas de éxito e cun futuro moOoi prometedor.

A quen vai dirixido:

A calquera persoa que busca futuro no rural e queira poñer en valor a nosa terra. Está dirixido a ti, que queres combatir o despoboamento do rural, a ti que tes unha idea orixinal e queres facer realidade ese soño e comezar o teu proxecto, ou a ti que xa tes unha empresa en marcha pero queres coñecer outros proxectos innovadores de primeira man.

Cal é o obxectivo:

Coñecer proxectos reais, afincados no rural e con moOoito futuro da man dos seus creadores. A finalidade é demostrar que o noso rural está aínda sen explotar, que ten moitas posibilidades emprendedoras e que pode ser unha saída profesional factible e real, axudando ademáis a por en valor a nosa Galicia rural. Son exemplos moi motivadores e inspiradores que sabemos sacarán o Steve Jobs do rural que todos levamos dentro. O noso empeño é que o atopedes e axudemos entre todos a que o noso rural recupere a importancia, o valor, en definitiva a vida que nunca debeu perder.


A próxima viaxe do Bus de Cultiva Mazás terá como destino Galo Celta, na que o propio David Sueiro nos contará súa experiencia como emprendedor no rural e nos guiará polas instalacións deste ilusionante proxecto de avicultura.
Na viaxe teremos a sorte de que nos acompañe de novo o experto comunicador Roberto Pérez Marijuan, que xa nos compañou na pasada viaxe do Bus a Hifas da Terra e nas clases de Marketing en Redes sociais que organizamos co Club de Cultiva Mazás. 

Programa:

DÍA 19 DE MAIO
- 09:00: Saída da Coruña (aparcamento de diante do Pazo dos Deportes de Riazor) https://goo.gl/maps/bxsVi2eUPTy 
10:00: Parada en Santiago de Compostela (parada de bus diante do CEIP Monte dos Postes na Rúa Valiño) https://goo.gl/maps/c8GQ8yRofKo
- 10:45: Chegada e presentación de Galo Celta
11:00: Visita guiada polas instalacións de Galo Celta da man de David Sueiro, alma mater do proxecto
12:30: Degustación de produtos de Galo Celta e de Casa Grande de Xanceda 
13:00: Regreso