Email · (+34) 981 68 70 07

O Bus de Cultiva Mazás · sábado, 19 de mayo de 2018

O Bus de Cultiva Mazás visitou Galo Celta


O Bus de Cultiva Mazás viaxou este sábado 19 de maio ata Galo Celta para coñecer a esta empresa innovadora en avicultura afincada no rural, concretamente en Vila de Cruces.

A viaxe do Bus comezaba na Coruña e facía unha parada en Santiago de Compostela. No traxecto acompañounos de novo Roberto Pérez Marijuán para amenizarnos a viaxe aprendendo sobre empredemento e intercambiando ideas e opinións entre todos os viaxeiros.

Xa chegados a Galo Celta, estaba esperándonos o propio David Sueiro para facernos un fermoso percorrido pola granxa e presentarnos ás grandes protagonistas: as pitas.

A primeira experiencia de empredemento foi un fracaso de tempo e de diñeiro, pero da que aprendemos moito. Axudounos a ter claro o que queriamos facer e a quen nos queríamos dirixir, e facelo todo dende a honestidade.


Foi unha xornada enriquecedora na que ademais de desfrutar, aprendimos moito sobre a experiencia de David como emprendedor no rural. Un experiencia que no seu caso resultou exitosa, pero que sen dúbida se consegue despois de moito traballo e de equivocarse polo camiño.

Xa chegando ao final da visita e como non podía ser doutro xeito, rematamos a xornada degustando os riquísimos productos de Galo Celta e de Casa Grande de Xanceda.  


No regreso tivemos tempo de compartir entre todos as sensacións despois da visita e a falar un pouquiño máis sobre empredemento e como coller forzas para os que decidan comezar un proxecto ilusionante!