Email · (+34) 981 68 70 07

O Bus de Cultiva Mazás · miércoles, 11 de abril de 2018

Galo Celta será a próxima parada do Bus de Cultiva Mazás

O bus de Cultiva Mazás é un bus que só viaxa ós proxectos máis orixinais, exitosos e con futuro que están asentados no rural galego.

Invitámoste a seguir percorrendo con nós o camiño cara o emprendemento. A seguinte viaxe do Bus de Cultiva Mazás será a Galo Celta, unha empresa innovadora afincada no rural e que vende os ovos máis caros do mundo.

Será unha mañá moi interesante na que aprendemos moito sobre emprendemento no rural da man de David Sueiro, alma mater deste ilusionante proxecto de avicultura. Ademais contaremos de novo coa participación de Roberto Pérez Marijuán, experto comunicador e colaborador imprescindible de Cultiva Mazás.

Se ti tamén buscas futuro no rural, este bus é xusto o que necesitas para inspirarte!! Só necesitas coller todas as túas ganas de coñecer o rural vivo e emprendedor de Galicia e reservar a túa praza no Bus de Cultiva Mazás. Por certo, é gratuíto, asique non tes excusa.

En qué consiste:

O bus de Cultiva Mazás é un bus que viaxa aos proxectos máis orixinais, exitosos e con futuro que  están asentados no rural galego. Consiste en facer unha visita moOoi motivadora a algunha das empresas galegas que están afincadas no rural, que na maioría dos casos empezaron cun proxecto humilde pero non por eso menos ilusionante e que agora mesmo son empresas de éxito e cun futuro moOoi prometedor.

A quen vai dirixido:

A calquera persoa que busca futuro no rural e queira poñer en valor a nosa terra. Está dirixido a ti, que queres combatir o despoboamento do rural, a ti que tes unha idea orixinal e queres facer realidade ese soño e comezar o teu proxecto, ou a ti que xa tes unha empresa en marcha pero queres coñecer outros proxectos innovadores de primeira man.

Cal é o obxectivo:

Coñecer proxectos reais, afincados no rural e con moOoito futuro da man dos seus creadores. A finalidade é demostrar que o noso rural está aínda sen explotar, que ten moitas posibilidades emprendedoras e que pode ser unha saída profesional factible e real, axudando ademáis a por en valor a nosa Galicia rural. Son exemplos moi motivadores e inspiradores que sabemos sacarán o Steve Jobs do rural que todos levamos dentro. O noso empeño é que o atopedes e axudemos entre todos a que o noso rural recupere a importancia, o valor, en definitiva a vida que nunca debeu perder.



A próxima viaxe do Bus de Cultiva Mazás terá como destino Galo Celtana que o propio David Sueiro nos contará súa experiencia como emprendedor no rural e nos guiará polas instalacións deste ilusionante proxecto de avicultura.
Na viaxe teremos a sorte de que nos acompañe de novo o experto comunicador Roberto Pérez Marijuan, que xa nos compañou na pasada viaxe do Bus a Hifas da Terra e nas clases de Marketing en Redes sociais que organizamos co Club de Cultiva Mazás. 

Queres subirte ao noso autobús nesta próxima viaxe? INSCRÍBETE!