Email · (+34) 981 68 70 07

O Bus de Cultiva Mazás · martes, 10 de abril de 2018

Coñecemos a Galo Celta

Galo Celta é o nome dunha explotación avícola, situada en Vila de Cruces, Pontevedra, onde o seu fundador, David Sueiro, defínese como “avicultor artesán de autor. Vendedor do ovo máis caro do mundo”

Dedícase a cría de galiñas poñedoras e galos para carne, embutidos e outros preparados, como hamburguesas. Todo ca garantía de ser un produto artesán, exclusivo, de luxo e respetuoso coa tradición.


David Sueiro era funcionario e traballaba en Vila de Cruces revalorizando o interés turístico do patrimonio gastronómico. Cun programa de emprendemento puxo en marcha unha cooperativa, pero este proxecto non saiu adiante. É como non, dun fracaso xurdiu unha idea xenial, deuse conta que o oco estaba en facer productos de luxo.

As empresas viven da facturación pero hai unha parte de satisfacción persoal que non se paga con cartos”

Así é como da lembranza do “galo do ano” da festa tradicinal de San Román da súa infancia, xurdiu este producto, coas técnicas e as posibilidades de hoxe en día.
O Galo Celta cría galos e galiñas de razas autóctonas galegas, razas de crecemento lento, entre elas a de Mos. O prezo e a calidade ven dado polas condicións de vida e benestar das aves. Criadas en liberdade, con una alimentación natural e sen luz artificial.

O ovo máis caro do mundo” conseguiu así encandilar a recoñecidos cociñeiros como Martín Berasategui, Pepe Solla ou Iván Domínguez, estando nas cartas de temporada dos seus establecementos.

Fala de Martín Berasategui, persoa clave para introducirse na alta cociña, como os seu mentor: “axudounos a nivel empresarial a dar a coñecer o produto, mercaba e asesorábanos, dedicounos tempo e coñecementos sen ter ningún interés económico ou comercial”

Hoxe en día “traballamos á carta”, tendo toda a producción vendida, estando presentes xa non sólo nas mesas de grandes restaurantes, senón tamén en tendas gourmet e delicatessen. Por esto David é moi optimista

todo aquel que ten unha idea na cabeza, que loite para sacala adiante. Haberá quen se mofe, pero eu non vivo do que pensan os demais. E a nós estanos dando resultado”

Este proxecto tan ilusionante, ten todas os parámetros dun exemplo de Cultiva Mazas: idea orixinal con moito valor engadido, onde o compromiso co benestar animal e o rural está máis que presente en todos os seu productos, baseándose na alta calidade, no cariño e no coidado que poñen en todo o que fan. Ademáis un proxecto innovador con moito futuro, investindo en investigación e desenvolvemento, un proxecto cunhas metas moi altas como pode ser a exportación a países como Francia, Reino Unido, Japón ou EE.UU.
Este compromiso social levou a David a asociarse con Patricia Lorenzo, tamén gandeira e educadora, que será a que poña en marcha nun futuro moi cercano unha granxa escola, dirixida a escolares, sectores desfavorecidos e a todas as persoas que queiran coñecer in situ a súa filosofía e a súa forma de traballar.