Email · (+34) 981 68 70 07

O Bus de Cultiva Mazás · sábado, 21 de octubre de 2017

O Bus de Cultiva Mazás visitou Hifas da Terra


O Bus de Cultiva Mazás estreouse este sábado 21 de outubro viaxando ata Hifas da Terra para coñecer en profundidade esta empresa modelo en produción de setas ecolóxicas.

Foi unha mañá moi productiva, xa que no propio bus tivemos a sorte de contar con Roberto Pérez Marijuán. Durante o traxecto desfrutamos dunha motivadora charla na que Roberto, facendo analoxía entre un autobús e o camiño da vida, animounos a tomar o asento de conductor e a ser nos mesmos os que elixamos que saída tomar nos centos de rotondas que atoparemos polo camiño e a escoller os pasaxeiros que nos acompañarán.

Un moi bo xeito de comezar un camiño que tiña como destino Hifas da Terra. Alí Marta e Xurxo recibíronnos estupendamente e xuntos guiaron o noso percorrido por tan fermoso lugar.

Coñecimos máis sobre o nacemento de Hifas da Terra, sobre a innovación e investigación contínua que os caracteriza e sobre a súa experiencia de empredemento no rural: de como é posible comezar dende cero unha empresa afincada no rural e que actualmente é unha referencia a nivel internacional.

E como non podía ser doutro xeito, aprendimos moito sobre setas! Tanto que mesmo tivemos a sorte de participar nunha recolleita na que nos mesmos apañamos diferentes tipos de cogumelos como o shitake ou a ostra.
 
  
 

Estamos máis que convencidos que se nós axudamos no crecemento do rural, esa semente traerá fermosos froitos. Porque o futuro de Galicia pasa polo desenvolvemento do noso rural, estamos convencidos!!


Rematamos a visita cunha estupenda degustación, na que puidemos probar algúns dos riquísmos produtos que Hifas da Terra realiza con cogumelos, como os distintos chocolates e meles. Un pracer para o padal! 

No regreso tivemos tempo de compartir entre todos as sensacións despois da visita e a falar un pouquiño máis sobre empredemento e como coller forzas para os que decidan comezar un proxecto ilusionante!