Email · (+34) 981 68 70 07

O Club de Cultiva Mazás · viernes, 06 de octubre de 2017

Arranca o Bus de Cultiva Mazás!


Presentámosvos o bus de Cultiva Mazás , co que queremos levarvos a coñecer os proxectos máis orixinais, exitosos e con futuro que están asentados no noso rural galego.

Se ti tamén buscas futuro no rural, este bus é xusto o que necesitas para inspirarte!! Só necesitas coller todas as túas ganas de coñecer o rural vivo e emprendedor de Galicia e reservar a túa praza no Bus de Cultiva Mazás. Por certo, é de balde, asique non tes excusa.


En qué consiste:

O bus de Cultiva Mazás é un bus que viaxa aos proxectos máis orixinais, exitosos e con futuro que están asentados no rural galego. Consiste en facer unha visita moOoi motivadora a algunha das empresas galegas que están afincadas no rural, que na maioría dos casos empezaron cun proxecto humilde pero non por eso menos ilusionante e que agora mesmo son empresas de éxito e cun futuro moOoi prometedor.

A quen vai dirixido:

A calquera persoa que busca futuro no rural e queira poñer en valor a nosa terra. Está dirixido a ti, que queres combatir o despoboamento do rural, a ti que tes unha idea orixinal e queres facer realidade ese soño e comezar o teu proxecto, ou a ti que xa tes unha empresa en marcha pero queres coñecer outros proxectos innovadores de primeira man.

Cal é o obxectivo:

Coñecer proxectos reais, afincados no rural e con moOoito futuro da man dos seus creadores. A finalidade é demostrar que o noso rural está aínda sen explotar, que ten moitas posibilidades emprendedoras e que pode ser unha saída profesional factible e real, axudando ademáis a por en valor a nosa Galicia rural. Son exemplos moi motivadores e inspiradores que sabemos sacarán o Steve Jobs do rural que todos levamos dentro. O noso empeño é que o atopedes e axudemos entre todos a que o noso rural recupere a importancia, o valor, en definitiva a vida que nunca debeu perder.



 
A primeira viaxe do Bus de Cultiva Mazás terá como destino unha empresa de produción de setas ecolóxicas: Hifas da Terra.  Se queres saber máis información sobre esta empresa pioneira en Europa en innovación, sostenibilidade e ecoloxía, visita este post
Na viaxe teremos a sorte de que nos acompañe de novo 
Roberto Pérez Marijuan, experto comunicador que conduciu as clases de Marketing en Redes sociais que organizamos co Club de Cultiva Mazás. 
 
Queres subirte ao noso autobús nesta próxima viaxe? INSCRÍBETE!