Email · (+34) 981 68 70 07

O Club de Cultiva Mazás · domingo, 25 de junio de 2017

O Club de Cultiva Mazás chegou a Vigo

 
O CLUB de Cultiva Mazás clausura as xornadas de Marketing en Redes Sociais no Espazo Nido, onde vinte emprendedores vinculados co rural desfrutaron de máis de dúas horas de formación especializada conducida por Roberto Perez Marijuan.

O Club de Cultiva Mazás en Vigo reúne a máis de vinte emprendedores vinculados co rural

Foi unha mañá moOoi produtiva compartida con 20 pequenos emprendedores e produtores de Vigo e a súa contorna e con Roberto Pérez Marijuan que non deixa de sorprendernos. Na primeira sesión que celebramos na Coruña prometeu diversión, e a verdade que cumpriu con creces a súa palabra. Esta mañá en Vigo continuou a sacarnos un sorriso ou unha gargallada de vez en cando. Irradiando todo o que busca fomentar Cultiva Mazás: entusiamo, ilusión, emoción e paixón polo que se fai.

Facendo unha reflexión Roberto comentaba que neste sector, habitualmente, os pequenos produtores e a tendas eco todo o que é referente o produto téñeno moi ben traballado, coñéceno moi ben e saben da calidade que ten, pero ás veces o ter que comunicalo ó mercado pode resultar dificultoso. 

Os pequenos produtores colocamos o producto nun plano espiritual, porque detrás hai unha filosofía, uns valores, un modo de vida.

Moitas veces non chegamos ó cliente porque o cliente non está preparado e falla a mensaxe o que debemos facer é adaptala ó lugar e ó público ó que nos diriximos, utilizando o marketing educativo, dando a coñecer ó mundo a nosa mensaxe, porque o único que che fará apreciar algo é o coñecemento.

O máis importante no noso sector é engadirlle valor ó que vendemos, ó mundo eco parece que lle falte “glamour”, pero nós sabemos que podemos darllo con pequenas accións que farán do noso produto algo exclusivo.

Pechamos esta primeira acción do CLUB de Cultiva Mazás, pero a participación, o entusiasmo e a boa acollida que tiveron estas formacións dannos a razón unha vez máis. Temos que seguir loitando polo noso obxectivo: o emprendemento no rural!

Clausura das formacións en Marketing e Redes Sociais do Club de Cultiva Mazás

A conclusión máis importante que sacamos destes dous días tanto en Coruña como en Vigo é o contacto entre diferentes profesionais, pequenos produtores, xerentes de pequenas ecotendas, futuros emprendedores. O que botan de menos é ter un lugar, unha plataforma onde poderse comunicar e interactuar, porque todos estamos no mesmo barco e todos temos que remar cara unha mesma dirección. A colaboración e a cooperación vai a ser fundamental para conseguir a facer algo importante.

Para Cultiva Mazás esto é un impulso máis que ven a demostrar que esto sólo é o comenzo de algo que xa non pode parar. Se na edición anterior deciamos que Cultiva Mazás chegou para quedarse, nesta decimos que a aventura continúa! ca idea de chegar cada vez a moOoita máis xente que se sente compromotida co noso rural!

O potencial do rural

Cultiva Mazás ten claro que o rural en Galicia ten un potencial inmenso e que está todavía sen explotar, que nos queda un longo camiño por percorrer pero que xuntos podemos levar a cabo grandes cousas.
Cultiva Mazás é un proxecto de responsabilidade social corporativa de Casa Grande de Xanceda que pon en marcha co obxectivo de acabar coa desertización do rural que se produce en Galicia. Para eso temos que conseguir que esa “choiva fina” da que nos fala Roberto cale definitivamente na xente dando pequenos pasos pero seguros, porque sabemos que vivir no rural é posible e ter un proxecto de éxito e con futuro é factible.

Se ti axudas ós demais esa axuda sempre volverá a ti cando a precises.  - Roberto Pérez Marijuan

Estamos máis que convencidos que se nós axudamos no crecemento do rural, esa semente traerá fermosos froitos. Porque o futuro de Galicia pasa polo desenvolvemento do noso rural, estamos convencidos!!