Email · (+34) 981 68 70 07

O Club de Cultiva Mazás · domingo, 18 de junio de 2017

O Club de Cultiva Mazás xa pasou pola Coruña


O CLUB de Cultiva Mazás estréase en A Coruña ofrecendo formación especializada a emprendedores do rural. Este primeiro evento do CLUB reuniu a unha quincena de emprendedores interesados nesta formación sobre Marketing e nas Redes Sociais. O próximo domingo 25 de Xuño repetiremos esta formación en Vigo, e aínda está o prazo aberto para inscribirte, podes facelo aquí.



O Club de Cultiva Mazás en A Coruña reuniu a unha quincena de emprendedores vinculados ó rural
Foto do grupo de asistentes á formación do CLUB de Cultiva Mazás, lanzando as mazás, porque as mazás representan as ideas e queremos que as ideas do rural cheguen moOoi alto
 
 
Nunha mañá calurosa de domingo deste mes de xuño, disfrutamos dunha moOoi amena e enriquecedora clase sobre Redes Sociais e Marketing con Roberto Pérez Marijuan e con un grupo de emprendedores vinculados ó rural, que para nós xa teñen o título de socios do CLUB de Cultiva Mazás ;)

Tratábase de levar a cabo unha xornada de formación sobre MARKETING NAS REDES SOCIAIS para pequenos emprendedores, relacionados co rural e cos alimentos ecolóxicos e axudarlles así no seu camiño do emprendemento. Acompañáronnos xerentes de ecotendas e tamén pequenos produtores que con moito esforzo consiguen sair adiante.

A misión de Roberto Pérez, comunicador, docente, vendedor (a moita honra!) e socio consultor de Suma Importancia era darnos as claves para comunicar en Internet de maneira axeitada e conseguir así facer chegar a nosa mensaxe.

As horas pasáronnos voando!  porque a exposición que presentou Roberto estivo cargada de anécdotas e experiencias persoais que nos fixeron aprender pero tamén escachar coa risa!

Os pequenos emprendedores somos como os Apóstolos, teñen que facer chegar a súa mensaxe ó máximo número de persoas posibles e convertelos” Non é unha tarefa fácil por iso ás veces temos a sensación de que “predicamos no deserto” Con esta metáfora e moitas fomos poñendo luz no camiño do emprendemento.
 

Os emprendedores adoitan ter a sensación de quen predica no deserto - Roberto P. Marijuan



Roberto explicounos que a mensaxe que nós utilicemos é a clave para conseguir atraer ou fidelizar a un cliente. É fundamental ese primeiro achegamento ó cliente, porque, da mesma maneira que na nosa vida diaria a primeira impresión é moi importante!, e ademáis é a que queda!

A mellor maneira de conseguir credibilidade é sinceridade é sendo naturais, claros, concisos e transparentes. Polo que hai que escoller moi ben as palabras clave que imos utilizar para achegarnos ós demáis

A única forma de conectar con un cliente son as emocións!


Cando imos a emocionar alguén? Cando contamos a nosa historia. Como temos que contar esa historia? Con paixón! Cando un cliente se identifique ca nosa historia é cando conectaremos emocionalmente con el e crearemos un vínculo, case afectivo, difícil de romper. Fomos descubrindo estas e outras claves.


Roberto rematou a exposición con unha mensaxe optimista e é que todos os que nos adicamos ó sector da alimentación en ecolóxico temos as portas abertas a un mundo que está todavía sen explotar, e temos a obriga de transmitir a nosa mensaxe, onde a unión e a cooperación vai a ser fundamental, porque é importante que fagamos chegar o mesmo discurso ó mundo que está aí fora.

Cultiva Mazás é un proxecto de Responsabilidade Social Corporativa que ten como obxectivo fomentar o emprendemento no rural para loitar contra o despoboamento que subre o rural galego.

Pero o mellor, é que cho conten directamente os participantes desta xornada, aquí che deixamos as súas palabras. Ah! E agardámoste este domingo 25 en Vigo, inscríbete!

Así contaron nas redes sociais os participantes: