Email · (+34) 981 68 70 07

O Club de Cultiva Mazás · lunes, 12 de junio de 2017

Para unha boa formación, un bo profesor: Roberto Pérez Marijuán

O CLUB DE CULTIVA MAZÁS quere acoller a todos os pequenos emprendedores do rural ou vinculados ó rural. Por esta razón estréase o CLUB con esta formación para emprendedores que ten a intención de ofrecer ferramentas útiles na aplicación do marketing nas redes sociais.


Para esta formación contaremos con un gran comunicador, docente e vendedor (a moita honra! como di él), e tamén especialista nestas materias como é ROBERTO PÉREZ MARIJUÁN.

Defínese a sí mesmo como un nexo de unión entre o pasado e o presente: sabe cómo se facían as cousas antes, pero tamén como se fan agora!. Está acostumado a traballar con emprendedores e ensinarlles a colocar ó cliente no centro de todo. “Emprender é navegar no mar da incertidumbre”

A súa firma: “os únicos intereses que levarán a un cliente a comprar, son os seus”

Aquí tes máis detalles do seu interesante curriculum:

Deixou a formación reglada, que completou ata COU para empezar a aprender a formarse no que realmente lle apaixoaba. Dende hai 25 anos, fai tres cursos anuais sobre diferentes temas relacionados cos seus intereses profesinais, sociais e personais, o que lle permitiu aprender habilidades tan diversas como psicoloxía, ventas, neuromarketing, etc.

E foi, precisamente un “curso de internet para periodistas” o que lle abriu os ollos, soubo que a Internet ía a cambiar o mundo comercial, reducindo intermediarios e eliminando ós que non aportan un valor real. E non se equivocou!

O seu interese polo marketing levouno a traballar na multinacional Campofrío como responsable comercial para Galicia en 1991. Anos máis tarde, é cando ese curso sobre Internet se cruza no seu camiño. Foi tanto una revelación que días despois do curso comezou a traballar en Visualpublinet, unha das primeiras axencias galegas de desenvolvemento web. Sen embargo, non entraría como traballador, a empresa non dispoñía de orzamento para contratalo, así que entra como socio. E aínda que os comenzos foron difíciles, a medida que o mundo dixital evolucionaba , foron atopando oportunidades de negocio axudando a centeneras de empresas no seu salto a Internet

Foi, tamén, cofundador da primeira axencia galega de marketing digital: GaliciaBanner, posteriormente adquirida por Elogia, actualmente Viko. Moitas das persoas que pasaron por Elogia adquiriron experiencia profesional e voaron despois para crear os seus propios proxectos.

En 2012 é despois de participar en máis de 300 proxectos web, Roberto deixa Visualpublinet e lánzase a unha nova aventura. Funda Suma Importancia con Juan José Romero Crusat, consultoría especializada en comunicación, marketing e ventas, que empezou a traballar con empresas e startups. Atopáronse con emprendedores con ideas xeniais, pero cun erro común: “Crer que os clientes se van a agolpar a súa porta”. A clave entendeu, era comunicar esas innovacións de forma diferente e asesorar ós emprededores: “converter as ideas que alimentaban os seus soños, en ventas que alimentasen as súas familias

Para Roberto o máis importante é que cada un faga o que sabe. A súa misión é que cada profesional aporte o seu propio valor a cada proxecto e que o faga rápido ata que o seu ciclo se complete, é na súa opinión, a clave do éxito de Suma Importancia.

E para finalizar, segundo Roberto, o segredo do éxito para un emprendedor e esta: “confiar cegamente en que a túa idea vai a mellorar o mundo e a vida de alguén, e tamén rodearte de xente que saiba o que ti non sabes. Un emprendedor rodeado de profesionais pode sortear calquera tormenta.”