Email · (+34) 981 68 70 07

Cultiva Mazás 1ª Edición · domingo, 11 de junio de 2017

Cultiva Mazás 1ª Edición. Unha iniciativa de educación no emprendemento

Os protagonistas da edición Cultiva Mazás 2016 foron os alumnos de 3º de ESO do CPI de Xanceda que participaron na iniciativa realizando ó longo de tres meses orixinais proxectos imaxinarios que eles memos poidesen emprender, pero con unha condición: debían estar asentados no rural. Son ideas innovadoras que abren unha porta ó futuro no medio rural de Galicia.

Según datos do Instituto Nacional de Estadística, quedan vacías en Galicia 30 aldeas cada ano, tamén Mesía, concello no que se localiza a nosa granxa, que foi no ano 2014 o concello con menos nacementos da comarca.

“Cultiva Mazás, ti podes ser o Steve Jobs do rural” é o lema deste proxecto de Responsabilidade Social Corporativa de Casa Grande de Xanceda que fai unha homenaxe ó emprendedor máis coñecido, Steve Jobs, e a súa marca Apple. “As mazás son as ideas, coas que queremos fomentar ó emprendemento para combatir o gran despoboamento que está a sufrir Galicia”, tal como explica Cristina Fernández-Armesto, socia de Casa Grande de Xanceda.

Ó longo deste proxecto de educación no emprendemento, os participantes recibiron asesoramento dos que máis saben de emprender no rural, contaron co consello de Germán García, de Cortes de Muar e Elena Ferro, de Eferro, visitando experiencias de éxito no rural como Casa Grande de Xanceda e Pazo de Vilane.

Todas as persoas que participaron no desenvolvemento deste proxecto déronse cita na Gala Final de entrega de Premios ós mellores proxectos, que tivo lugar nas instalacións de Casa Grande de Xanceda, e na que contamos coa presenza do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó para a entrega de premios. Acompañounos tamén a Conselleira do medio rural, Ángeles Vázquez, o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias e representantes das corporacións locais de toda a comarca.

O Premio o mellor traballo foi para “Xoaniñas”, un proxecto de roupa ecolóxica, elaborado por Marina Quindimil, Andrea Rodríguez e Lucía Sánchez

  • PREMIO Ó MELLOR TRABALLO: Estancia dunha semana en CAMPUS PROMETE de Madrid, un campus que axuda a desenvolver habilidades persoais e vocacionais, potenciando a creatividade e a innovación. Unha experiencia transformadora ideal para culminar o proxecto de “Cultiva Mazás”.

O Premio especial ó esforzó e a creatividade foi para “Bocados do mundo”, recuperación dun pazo galego como un espazo cultural e gastronómico, elaborado por Daniel Rodríguez, Erika Maroño e Alba García.

  • PREMIO ESPECIAL Ó ESFORZO E CREATIVIDADE: Asistencia a un taller de tecnoloxía e programación de cinco días, onde poder comprender o funcionamento das novas tecnoloxías, impartido por M8factorial, na Coruña

Entregouse tamén un premio á participación, xa que todos os alumnos fixeron un gran esforzo que ben mereceu unha recompensa.

  • PREMIO Á PARTICIPACIÓN: Excursión a un Parque de Aventuras con actividades ó aire libre e xogos de cooperación, onde poderán seguir aprendendo da importancia que ten traballar en equipo.

A encargada de presentar o fallo do xurado foi Lucy, unha vaquiña cega que ten función de ama de cría na nosa granxa ecolóxica, E que protagonizou o momento máis simpático da entrega.
 



O Presidente da Xunta afirmou que “o rural hoxe ten futuro e os participantes de “Cultiva Mazás” así o demostran”