Email · (+34) 981 68 70 07

Ti podes ser o Steve Jobs do rural

Cultiva Mazás, ti podes ser o Steve Jobs do rural

Unha iniciativa de Casa Grande de Xanceda que busca fomentar o emprendemento no rural para loitar contra o despoboamento do rural galego

Cultiva Mazás

- Que é Cultiva Mazás? -

Cultiva Mazás, ti podes ser o Steve Jobs do rural” é un proxecto de Responsabilidade Social Corporativa de Casa Grande de Xanceda que busca fomentar o emprendemento no rural para combatir a gran despoboación que medra no rural de Galicia. Cultiva Mazás quere traballar coa fórmula do emprendemento no rural unida á diferenciación e á innovación para conseguir futuro para o rural galego.

Sabías que? Cada ano desaparecen 30 aldeas en Galicia



O nome de Cultiva Mazás é unha homenaxe a un dos grandes emprendedores do noso tempo, Steve Josbs que comezou a súa andadura nun garaxe, e as mazás son unha referencia á súa marca Apple. Nos estamos convencidos de que hai moitos Steve Jobs por descubrir no rural!      ... Ver mais
Cultiva Mazás, ti podes ser o Steve Jobs do rural” é un proxecto de Responsabilidade Social Corporativa de Casa Grande de Xanceda que busca fomentar o emprendemento no rural para combatir a gran despoboación que medra no rural de Galicia. Cultiva Mazás quere traballar coa fórmula do emprendemento no rural unida á diferenciación e á innovación para conseguir futuro para o rural galego.

Sabías que? Cada ano desaparecen 30 aldeas en Galicia



O nome de Cultiva Mazás é unha homenaxe a un dos grandes emprendedores do noso tempo, Steve Josbs que comezou a súa andadura nun garaxe, e as mazás son unha referencia á súa marca Apple. Nos estamos convencidos de que hai moitos Steve Jobs por descubrir no rural!     
  Casa Grande de Xanceda pon en marcha esta iniciativa de “cultivar mazás” coma parte do súa Responsabilidade Social Corporativa e dentro dun dos seus tres grandes compromisos: compromiso co medio ambiente, compromiso co benestar animal e o compromiso co rural.
Cultiva Mazás

- O Club de Cultiva Mazás -

O club da formación especializada para emprendedores do rural

O club de Cultiva Mazás quere acoller a todos aqueles pequenos emprendedores de proxectos no rural, ou vinculados co rural para axudarlles no seu camiño do emprendemento, aportándolles formacións especializadas de alta calidade e de forma gratuíta.

Cremos que os emprendedores asentados no rural son a fórmula para combatir o despoboamento que sufre Galicia, por iso estamos desexando axudarte no teu exitoso camiño!

Se eres emprendedor, aquí podes atopar formacións e actividades moOoi interesantes para ti e de balde!!
Bótalle un ollo!!

FORMACIÓNS ÁS QUE TE PODES ANOTAR AGORA:

Marketing en Redes Sociais

Aprende a sacarlle o máximo partido ás redes sociais do teu negocio.
Fai click aquí para saber máis:

Ver máis

Cultiva Mazás

- Novas do Blog -

Casa Xanceda
O Club de Cultiva Mazás chegou a Vigo

A formación conducida por Roberto P. Marijuan reuniu a máis de vinte emprendedores ...

Casa Xanceda
O Club de Cultiva Mazás xa pasou pola Coruña

Así foi a xornada de formación de Marketing en Redes Sociais para emprendedores do ...